viernes, 26 de diciembre de 2025

REMATAMOS O PRIMEIRO TRIMESTRE

 Chegaron as vacacións de Nadal pero antes houbo moitas actividades no cole nas que o pasamos xenial.

Cada nivel preparou unha panxoliña que logo tería que cantarlla a outras compañeiras e compañeiros. Nós cantamos “Din Don Dan” empregando instrumentos musicais a 4º de EP, logo tocoulle a elas e eles cantarnos a súa panxoliña. Estabamos un pouco nerviosas e nerviosos pero o fixemos moi ben.


Viñeron unhas alumnas da universidade a facer un obradoiro de socialización e tipos de familias. Comezaron contándonos un conto para logo facerr unha actividade na que tiñamos que debuxar a nosa familia dentro dunha casa que tiñamos que decorar. Algunha e algún soamente decorou a casa porque dixo que a súa familia estaba a durmir ou saira por iso non a podía debuxar.


Estivemos a traballar a pintora Lúa Gándara. Observando a súa obra, durante uns días, intentamos empregar a súa técnica e dedicámonos a facer a postal de Nadal que vos chegou ás vosas casas. Quedaron moi chulas!!! e ... gustáronlle moitísimo a Lúa que ata veu visitarnos.


Cando rematamos as postais metémolas no sobre que trouxemos da casa. Achegouse o carteiro ata as nosas aulas para recollelos e podelos deixar nos nosos buzóns. Esperamos que vos gusten.
Grazas pola vosa colaboración!

Tamén grazas á vosa colaboración decoramos a porta da aula cos vosos corazóns que fixéchedes coas vosas fillas e fillos. Moitas grazas!!! 


Tampouco podía faltar o elfo que todos os días facía trasnadas na casa dalgunha e dalgún.


Por fin chegou o derradeiro día que tanto esperabamos.

Comezamos coa chocolatada e a rosca que estaban boísimas. Algunha e algún non paraba de comer!!

Logo visitounos o Apalpador en compañía do combo que o fixo xenial!!!  Veu cargado con agasallos para nós e algunha doulle un debuxo que trouxo preparado da súa casa. Gustáronlle moitísimo!


E ... rematamos coas 12 badaladas. Todas e todos conseguimos tomar os 12 petiscos!!


Agora sí, xa podemos gozar das vacacións de nadal e vémonos no 2026. 

Felices festas!!



viernes, 12 de diciembre de 2025

XA CHEGA O NADAL!

FALTAN POUCOS DÍAS PARA O NADAL E TODAS E TODOS ESTAMOS MOI ILUSIONADAS E ILUSIONADOS.

DECORAMOS A NOSA PORTA DA AULA GRAZAS Á COLABORACIÓN DAS FAMILIAS TRAENDO UN CORAZÓN DECORADO, ELABORAMOS A POSTAL DE NADAL E ESTAMOS A APRENDER UNHA PANXOLIÑA TITULADA "DIN DON DAN" DE MAMÁ CABRA.

PODEMOS PRACTICALA NA CASA COA FAMILIA PORQUE A VINDEIRA SEMANA ÍMOSLLA CANTAR AO ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA. SEGURO QUE O FACEMOS XENIAL!

jueves, 11 de diciembre de 2025

"O LANGHI"

ESTE PASADO 3 DE DECEMBRO, DÍA DA DISCAPACIDADE, TODO O ALUMNADO DO COLEXIO QUIXO DAR VISIBILIDADE ÁS PERSOAS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL RELACIONADAS DALGÚN XEITO COA MÚSICA.

EN 4 ANOS ELIXIMOS A JUAN MANUEL MONTILLA MACARRÓN, MÁIS COÑECIDO COMO "O LANGHI". APRENDEMOS MOITAS COUSAS DEL E FOMOS A GRAVAR ESTA INFORMACIÓN Á RADIO DO COLE. 

NA SEGUINTE PRESENTACIÓN PODEDES ESCOITAR O NOSO AUDIO DO LANGUI, ASÍ COMO TAMÉN AO RESTO DAS NENAS E NENOS DO CENTRO CONTÁNDONOS A INFORMACIÓN DOS SEUS ARTISTAS.

OBRADOIRO DE FAMILIAS

COMEZAMOS ESTE CURSO COS OBRADOIROS DE FAMILIAS. EMPEZOU O 2º TRIMESTRE A FAMILIA DE PABLO.  A SÚA NAI, ESTHER, VEU A FACER CONNOSCO UNS XOG...