miércoles, 26 de noviembre de 2025

Celebramos o 25 N

 Onte no cole tivemos xornada especial para traballar o 25 N.

Nestes días as clases elaboramos unhas "red flags" nas que puxemos accións que non debemos tolerar. Agora están polos corredores do centro recordando o que non debemos facer.

As nosas quedaron así de chulas:




Tamen limos un par de contiños de temática 25 N.

O propio día saímos todo o cole a cantar a canción "Golden", apoiada en lingua de signos, das Guerreiras K- Pop. Foi un momento máxico no que todo o centro o pasamos ben e alzamos as nosas voces de loita e apoio.


A ANPA tamen colaborou decorando a porta de entrada do cole. Foi unha sorpresa chegar ao cole e ver ese fermoso arco de globos morados. Para recordalo fixemos unha fotiña que vos deixamos por aquí para que vexades:




No hay comentarios:

Publicar un comentario

Celebramos o 25 N

 Onte no cole tivemos xornada especial para traballar o 25 N. Nestes días as clases elaboramos unhas "red flags" nas que puxemos a...