Chegaron as vacacións de Nadal pero antes houbo moitas actividades
no cole nas que o pasamos xenial.
Cada nivel preparou unha panxoliña que logo tería que
cantarlla a outras compañeiras e compañeiros. Nós cantamos “Din Don Dan” empregando
instrumentos musicais a 4º de EP, logo tocoulle a elas e eles cantarnos a súa
panxoliña. Estabamos un pouco nerviosas e nerviosos pero o fixemos moi ben.
Viñeron unhas alumnas da universidade a facer un obradoiro de socialización e tipos de familias. Comezaron contándonos un conto para logo facerr unha actividade na que tiñamos que debuxar a nosa familia dentro dunha casa que tiñamos que decorar. Algunha e algún soamente decorou a casa porque dixo que a súa familia estaba a durmir ou saira por iso non a podía debuxar.
Estivemos a traballar a pintora Lúa Gándara. Observando a súa obra, durante uns días, intentamos empregar a súa técnica e dedicámonos a facer a postal de Nadal que vos chegou ás vosas casas. Quedaron moi chulas!!! e ... gustáronlle moitísimo a Lúa que ata veu visitarnos.
Cando rematamos as postais metémolas no sobre que trouxemos da casa. Achegouse o carteiro ata as nosas aulas para recollelos e podelos deixar nos nosos buzóns. Esperamos que vos gusten.
Grazas pola vosa colaboración!
Tamén grazas á vosa colaboración decoramos a porta da aula cos vosos corazóns que fixéchedes coas vosas fillas e fillos. Moitas grazas!!!
Tampouco podía faltar o elfo que todos os días facía trasnadas na casa dalgunha e dalgún.
Por fin chegou o derradeiro día que tanto esperabamos.Comezamos coa chocolatada e a rosca que estaban boísimas. Algunha e algún non paraba de comer!!
Logo visitounos o Apalpador en compañía do combo que o fixo xenial!!! Veu cargado con agasallos para nós e algunha doulle un debuxo que trouxo preparado da súa casa. Gustáronlle moitísimo!
E ... rematamos coas 12 badaladas. Todas e todos conseguimos tomar os 12 petiscos!!
Agora sí, xa podemos gozar das vacacións de nadal e vémonos no 2026. Felices festas!!